CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Fianzas millonarias para catro ex-directivos de NCG

Publicado o 06/11/2012 14:31

O xuíz da Audiencia Nacional Ismael Moreno impón finanzas millonarias a 4 ex-directivos de NovaCaixagalicia que cobraron indeminzacóns millonarias ao abandonar o grupo

A maior das fianzas, algo máis de 7 millóns de euros imponlla a Javier García de Paredes, ex-director xeral executivo de NovaCaixagalicia.

José Luis Pego deberá pagar case 2 millóns de euros en concepto de fianza. Algo máis dun millóns de euros terá que depositar Gregorio Gorriarán e case 400.000 euros Oscar Rodríguez Estrada.

O xuíz ve claros indicios de criminalidade na súa actuación, xa que melloraron os seus contratos no seu propio beneficio preparando a saída da entidade.

O auto tamén di que o ex-presidente da entidade, Julio Fernández Gayoso, deberá explicar por que se modificaron as indemnizacións.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí