CRTVG

Buscar

Festividade de San Roque con misas e poucas procesións

Publicado o 16/08/2021 21:22

É o patrón oficioso de Vigo e este o seu lugar. O pazo de San Roque, en especial a súa capela, congrega centos de devotos para os que San Roque é o santo máis milagreiro. En concreto coas epidemias, por iso, por segundo ano consecutivo e aínda que con limitacións e restricións, hai máis fe que nunca, con misas desde as oito da mañá e citas musicais. Tamén por segundo ano consecutivo Vigo quedou sen procesión, unha das máis populares da cidade.

O San Roque foi peregrino a Roma, por iso, malia non estar nunca en Santiago, aquí, como en moitas outras vilas galegas, é un santo moi venerado que ten unha festividade propia. Din del que nos tempos da peste asistía as persoas enfermas que encontraba no camiño.

Houbo misas durante toda a xornada. Desde a aparición da covid Santiago volve encomendarse de xeito especial a San Roque. Esta mesma tarde tivo lugar unha misa por todas as vítimas do coronavirus. O programa continuou cunha nova cerimonia relixiosa presidida polo arcebispo de Santiago, monseñor Xulián Barrio.

En Compostela si que saíu o santo en procesión, a imaxe do San Roque polo centro histórico da cidade pecha esta xornada festiva.








 

Noticias web

16/08/2021