CRTVG

Buscar

O cinema é o fío condutor da décima edición do festival de xardíns de Allariz

Publicado o 13/05/2019 18:09

Andrea, Victoria e Jorge entran por primeira vez no xardín que deseñaron sobre o papel e que agora por fin poden observar en toda a súa dimensión. A sétima arte inspira as creacións deste ano, e eles propoñen que cada quen faga a súa película.

Dez xardíns compiten na décima edición que abre hoxe. Paisaxistas, deseñadores ou arquitectos vidos de diversas partes do mundo, como Chile, os Estados Unidos ou Italia.

Ten a súa arte integrar en escasos metros vexetación, paseo e construcións coma esta proposta galega que recrea a propia vila de Allariz.

Fóra de competición, está a o xardín das bolboretas da memoria, realizado polos alumnos do instituto da vila. O festival podese visitar ata finais de outubro.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/05/2019