Música, coches, viño e artesanía no festival Espírito Ribeiro, no encoro de Castrelo
A contorna do encoro de Castrelo de Miño é un lugar ideal para todo tipo de actividades. Iso pensaron os organizadores do Espírito Ribeiro, un festival que se celebra por vez primeira e que ten un dos seus pratos fortes na mostra de coches clásicos.
"Unha marabilla ver aquí todos estes coches."
"Hai vehículos que destacan moito como o Jaguar ou o Mercedes."
Pero, como é lóxico, o viño do Ribeiro é o gran protagonista e máis nesta zona rodeada de viñedos. Tamén é importante a gastronomía coa que maridar eses viños.
"Facemos pratos que casan perfectamente cos excelentes viños que temos no Ribeiro."
"Un sitio ideal e un día moi bo. Estamos a desfrutar."
Os artesáns tamén teñen o seu oco neste evento. Especialmente os dos produtos elaborados na zona, como o vinagre, que se queren poñer en valor.
"Non importa se se fai viño ou vinagre senón que o feito teña valor."
Coma en calquera festival, as actuacións en directo son as que congregan máis público. Nesta ocasión pódese gozar de música e de maxia. Os actos vanse trasladar o domingo á vila de Cenlle.