CRTVG

Buscar

Festival de teatro en Santa María da Feira: saltos, carreiras, luces e cores, danza...

Publicado o 26/05/2018 12:57

Hoxe pecha en Santa María da Feira o festival de teatro de rúa máis importante de Portugal, todo un referente internacional. IMAGINARIUS levou a esta vila situada a 30 minutos do Porto miles de persoas que quedaron abraiadas coas propostas das compañías. 

Saltos, carreiras, luces e cores, danza, teatro, mimos, sustos, risa e abrazos… pero esta mañá… este é o panorama. Hai que preparalo todo para volver empezar. O escenario é a rúa e en Imaginarius todo o mundo, literalmente, é benvido. 

A clave é ocupar calquera espazo exterior e facer do que mira un participante máis. Daí o seu éxito entre público e crítica. Entre o público porque entretén e entre a crítica porque as vangardas chegan aquí para amosarse con orgullo. O mesmo orgullo que teñen os veciños da vila. 

"Os veciños da vila participan activamente nesta feira de teatro que é máis que artes escénicas. Aquí, no seu mercado de abastos os visitarntes encontrarán unha exposición de obxectos donados pola xente de Santa Maria da Feira. Todos obxectos que esconden unha das historias recollidas durante 4 meses e que só estarán á vista 3 días. "

Calquera diría vendo estas epzas de madeira todo o que pode acontecer nas rúas de Santa María da Feira. Aquí estes días podemos ser o que nos pete. 

Un experimento, referente internacional que remata hoxe despois de facer dunha pequena vila o máis grande dos escenarios.

Noticias web

26/05/2018