CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Festival de cine de Ourense

Publicado o 24/10/2017 15:29






O Festival Internacional de Cine de Ourense ten tamén un espazo para que os máis pequenos poidan desenvolver a súa creatividade a través da linguaxe audiovisual. É no certame OFF Escola. Esta mañá celebrouse no auditorio a gala de entrega de premios que recoñece as curtametraxes realizadas polos alumnos de sete colexios de toda Galicia.


Escolares de toda Galicia son os protagonistas da mostra do audiovisual feito nas escolas. O xurado do Festival de Cine Internacional de Ourense recibiu 74 traballos en que participaron máis de 2.000 alumnos. Na Gala OUFF Escola sete colexios recibiron un premio polas súas curtametraxes. Ademais da historia, valoraron o traballo feito en equipo.

A curtametraxe 'Quero un patio novo', do colexio Coirón-Dena, de Meaño, recibiu o primeiro premio da categoría Infantil ou Primaria. A 'Verba', do instituto Macías o Namorado, de Padrón, foi o primeiro premio da categoría Outros niveis de Ensino.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí