CRTVG

Buscar

Festivais de música, a rapa das bestas ou o asalto ao castelo, algunhas das propostas máis festivas para esta fin de semana

Publicado o 05/07/2019 15:23

Ao pé da fin de semana, unha das grandes decisións é escoller entre o enorme catálogo de actividades que nos tentan: festivais, festas, romarías. Ímoslles propor algunhas.

Hoxe subiron ao monte moi cedo para buscar as bestas e xuntar as greas, pero o primeiro curro será mañá. Comezou a rapa das bestas de Sabucedo, a loita entre o home e a besta, aloitadores e cabalos, unha festa declarada de Interese Turístico Internacional que mestura tradicion, cultura, gastronomía e música. Unha boa opción, desde logo.

Pero hai máis tentacións. Inspiráronse na Gran Guerra Irmandíña de 1467, pero o asalto ao castelo de Vimianzo convoca cada ano hostes de festeiros. Esta noite arranca e a partir de aquí, torneos medievais, concertos e o grande asalto o sábado pola noite.

Quizais prefiran algo máis tranquilo e saboroso. Por exemplo, a exaltación do percebe do Roncudo de Corme. Un exquisito manxar e festa asegurada para mañá sábado.

E, ollo, porque se falamos de festivais, unha opción pode ser Portamérica, en Caldas, cun estupendo cartel para as dúas noites que lle quedan, ou o Resurretion, con grupos estrela como Spilknot que aínda non pasaron polo escenario. Ata a madrugada do sábado, música e desenfreo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/07/2019