CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Festas da penúltima fin de semana de verán

Publicado o 14/09/2018 15:29
Estamos na penúltima fin de semana do verán e chega cargada de festas.Hainas para todos os gustos, pero o importante, coma sempre, é ter ganas de pasalo ben.





Comezamos o noso repaso por algunha das citas gastronómicas que terán lugar durante esta fin de semana. No lugar de Campelo en Poio celebran a súa Festa da Ameixa, onde, ademais de degustar o molusco a prezos populares, haberá actuacións musicais.
Tamén en Coristanco lle renden homenaxe ao seu produto bandeira. A Festa da Pataca acada xa a súa trixésimo sétima edición.
Ata Vilanova dos Infantes teremos que ir se queremos participar na emotiva procesión na honra da Virxe do Cristal.
A Pobra do Caramiñal celebra a súa festa máis importante na honra ao Nazareno, coa tradicional procesión das Mortallas.
E despois dunha semana de troula, Rianxo pon punto e final ás festas da Guadalupe coa espectacular interpretación da Rianxeira. Milleiros de persoas cantarán ao unísono a tradicional cantiga. A cita, esta noite.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí