Festa ilegal en Ponteareas, con nove persoas identificadas
Publicado o 24/02/2021 14:38
A Policía local foi alertada do que estaba a acontecendo e mesmo pediron reforzos á Garda Civil. Cando chegaron a unha casa abandonada da parroquia de Bugarín atoparon nove persoas que estaban sen máscara, bebendo e algunha en posesión de haxix e marihuana.