CRTVG

Buscar

Festa ilegal en Cesantes: o seu organizador foi detido por desobediencia

Publicado o 24/01/2021 22:57

A celebración dunha festa ilegal nunha vivenda de Cesantes rematou coa detención do seu organizador por resistencia á autoridade e desobediencia aos axentes.

Varias persoas, que coñecían da súa existencia a través das redes sociais, alertaron a policía. Unha vez alí, comprobaron que a festa superaba o número de persoas permitidas non conviventes e que se incumprían as medidas contra a covid.

A súa celebración tamén se fixo sen respectar o toque de queda. Entre os participantes había unha menor. O detido, que xa quedou en liberdade esta mañá, terá que declarar perante o xuíz.



 

Noticias web

24/01/2021