CRTVG

Buscar

Telexornal Serán FDS

Ferrolterra demanda carga de traballo para o naval

Publicado o 02/06/2013 21:09

 O colectivo Radio Buguina quixo crear coa roupa unha especie de monumento á dignidade, un mosaico de apoio ao naval.

Das reixas dos estaleiros de Navantia penduran centos de prendas que esixen futuro para os estaleiros e para toda a comarca. O colectivo Radio Buguina quixo crear coa roupa unha especie de monumento á dignidade, un mosaico de apoio ao naval.Máis de trinta entidades sumáronse á proposta do colectivo Radio Buguina para construír este monumento téxtil de indignación, que esixe traballo para Navantia e para toda Ferrolterra. Cada prenda garda unha historia individual. Xuntas reclaman un futuro digno para a colectividade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí