CRTVG

Buscar

Ferrol reivindica os dereitos laborais no Día da Clase Obreira

Publicado o 10/03/2019 14:52

Ferrol rende homenaxe, coma cada 10 de marzo, aos dous traballadores dos estaleiros de Bazán asasinados pola ditadura franquista no 1972.

Sindicatos e grupos políticos participaron na ofrenda floral, no barrio de Recimil, e nunha marcha posterior coa que tanto o alcalde da cidade coma o líder de Comisións Obreiras instaron a seguir loitando pola mellora das condicións laborais no Día da Clase Obreira Galega e nun momento político especialmente significativo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/03/2019