Ferrol regresa ao medievo coa Feira Medieval que se celebra na súa zona vella
A cidade de Ferrol está a vivir unha intensa fin de semana cun cento de postos e multitude de propostas que nos fan retroceder no tempo para mergullarnos no ambiente medieval. A Feira Medieval, que durante tres días encheu as rúas da zona vella, despídese esta noite con desfiles e fogos de artificio.
Comeza a conta atrás para que os cabaleiros, as princesas e tamén os magos abandonen Ferrol Vello. Ata entón seres históricos apuran esta última xornada con espectáculos diversos para pechar por todo o alto esta nova edición da Feira Medieval.
Unha feira que, segundo moitos participantes, está a ter moi boa acollida entre o público. A edición deste ano pechará esta noite, cun gran desfile en que participarán boa parte dos personaxes que vagan pola feira, acompados dun espectáculo pirotécnico.