CRTVG

Buscar

Ferrol pecha os parques infantís e apraza actividades deportivas e culturais

Publicado o 27/10/2020 14:14

A curva de contaxiados de covid-19 mantense en ascenso na área sanitaria de Ferrol. Nas últimas 24 horas houbo 73 novos contaxios confirmados por PCR. Os casos activos son 546, 58 máis ca onte. Nas dúas plantas covid do hospital Arquitecto Marcide de Ferrol hai 34 hospitalizados e outros 5 casos máis graves están na UCI.

"Medraron os contaxios en cuestión de días e isto é preocupante", di un veciño.

Ata polo menos o 9 de novembro, en Ferrol os parques infantís estarán pechados e as actividades culturais e deportivas, aprazadas.

"Paréceme ben. Os parques teñen que estar pechados para que non se xunten os nenos e evitar os contaxios", manifeta unha veciña.

Preocupados están tamén os hostaleiros e comerciantes. Eles temen que se endurezan as medidas.

"Se anuncian medidas máis estritas... que vai pasar cos nosos negocios?", pregúntase un hostaleiro de Ferrol.

Canda Ferrol, Narón e Fene seguen en nivel vermello. Desde o inicio da pandemia, nesta área sanitaria rexistráronse 1.727 contaxiados dos que 1.143 curaron.

Noticias web

27/10/2020