Ferrol convértese na primeira localidade galega en incorporar soportes fixos na rúa para facer fotografías
Publicado o 16/04/2021 15:01
De momento todo o turismo en Galicia é de portas para adentro, pero no concello de Ferrol xa pensaron como facilitarlles os recordos aos que visiten a cidade incorporando ao seu mobiliario urbano uns postes fixos en que colocar o móbil para facer fotografías, converténdose así na primeira localidade galega en incorporar postes selfie cos que o que busca é non só axudar os visitantes e ferroláns a facerse co seu mellor autorretrato, senón que estas fotos se compartan a través das redes sociais para promover a cidade.
O da praza do concello non será o único. Estánse a colocar outros cinco soportes que compoñen unha ruta polos lugares máis turísitcos de Ferrol.