CRTVG

Buscar

Ferroatlántica participa nun proxecto europeo sobre baterías de litio

Publicado o 19/05/2021 15:53

A fábrica de Ferroatlántica é unha das dúas empresas españolas que participa no proxecto europeo para reducir o tempo de carga das baterías de litio. Este mércores, o vicepresidente económico visitou as instalacións.

Francisco Conde salientou a aposta que o grupo Ferroglobe, propietario da planta, está facendo dende Galicia pola innovación e o desenvolvemento tecnolóxico.

A Xunta de Galicia apoia con case dous millóns de euros as investigacións que se desenvolven aquí para lograr baterías de litio máis eficientes.

Noticias web

19/05/2021