CRTVG

Buscar

Ferroatlántica inicia un ERTE nas fábricas da Cee e Dumbría

Publicado o 17/09/2020 08:36

Situación complicada en Ferroatlántica. A empresa que comprou as fábricas de Cee e Dumbría hai un ano acaba de confirmar un ERTE que afecta a 200 traballadores ata febreiro do ano que vén.

As dúas plantas contan con cinco fornos, dos que só están activos un por cada factoría. O complexo leva arrastrando desde principios de ano un atraso nos pedidos, que se agravou coa crise sanitaria. 

A empresa produce ferroaliaxes que se comercializan no mercado do aceiro, que está a sufrir unha importante depresión motivada pola importación de produto chinés e pola parada de sectores como a construción ou a automoción, dos que son provedores.

A dirección da empresa conta con que o sector se reactive no primeiro trimestre do 2021 e os traballadores poidan reincorporarse de xeito activo nas dúas plantas de Cee e Dumbría.

O expediente de regulación temporal de emprego afecta ao total do cadro de persoal, que irán saíndo de xeito progresivo e que manterá ata o 85 % dos seus salarios e o 100 % das pagas extra.

 

Noticias web

17/09/2020