CRTVG

Buscar

Ferroatlántica aplica un ERE para todo o cadro de persoal

Publicado o 27/02/2019 15:46
Ferroatlántica aplica un ERE para todo o cadro de persoal

A empresa Ferroatlántica acordou aplicar un expediente de regulación de emprego temporal, de dous anos de duración e rotatorio, para todo o cadro de persoal. Afectaralles aos 550 traballadores que suman as tres fábricas e nas oficinas coas que conta a compañía en España.

A dirección de Ferroatlántica atribúe este axuste ao prezo da enerxía e ao resultado da poxa á que teñen que acceder as industrias electrointensivas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/02/2019