CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Ferraxería 'con historia' na Estrada

Publicado o 14/09/2017 14:31


Cada vez quedan menos pero aínda hai negocios deses de toda a vida, que non cambiaron case nada dende o día en que abriron. En pleno centro da Estrada, unha ferraxaría aberta na posguerra conserva a súa estrutura orixinal, aparellos e mesmo embalaxes con anos de historia. No seu interior, os produtos tradicionais gáñanlles a batalla aos modernos. Un recuncho de historia que o seu propietario loita por manter viva.


Detrás desta portas, en pleno centro da Estrada, agóchase a ferraxaría Sanmartín. Aberta polo pai de José María, que prefire non saír diante da cámara, é un deses negocios "dos de toda a vida".
11:40 A ferreteria.... + 15:30

Un negocio que se mantén fiel ao seu espírito tradicional con infinidade de produtos e materiais onde o manual lle gaña a batalla á maquinaria moderna.
11:11...12:43 +
13:25...13:51

Non precisa de publicidade, o boca a boca leva ata esta ferraxaría non só clientes de toda a zona senón tamén chegados desde Londres ou Canadá.
16:58..17:21

Criado entre os seus andeis, o seu propietario recoñece que a ferraxaría é o seu refuxio. Malia que recibiu varias ofertas para vendelo, asegura que nunca o abandonará e que mentres a saúde llo permita manterá as portas abertas.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí