CRTVG

Buscar

Ferrán Ferrer, CEO de Emagister: "A partir da cuarta semana, vimos que o sector da saúde foi o que máis medrou en demanda"

Publicado o 01/06/2020 11:28

Consecuencias do coronavirus que nos levan a unha nova realidade, entre elas, un dato: aumentou nun 150% a formacion en liña.

Falamos con Ferrán Ferrer, CEO de EMagister, un portal de formación pioneiro en España e no mundo.

Son unha empresa con visión internacional, pero onde son líderes no sector é en Italia e en España, os dous países máis azoutados polo coronavirus en Europa.

"Ter a sorte de estar en Italia permitiunos anticiparnos", di Ferrán Ferrer. "Cando chegou o confinamento, a demanda caeu nun 50%, (...) e a partir da primeira semana en Italia comezou a medrar a formación en liña".

A partir da segunda e terceira semana viron como proliferaban tanto en Italia como en España os másters habilitantes. Máis tarde comprobaron que o sector da saúde foi o que máis medrou na demanda.

"Os usuarios pedían máis información sobre este tipo de cursos", apunta o CEO de EMagister.

"O crecemento chegou ao 600% en Italia", di Ferrer. "O que estamos vendo agora é unha recuperación dos centros presenciais", engade.

 

 

Noticias web

01/06/2020