CRTVG

Buscar

Ferran Adrià fai da gastronomía unha actividade para toda a familia

Publicado o 12/02/2017 12:48

En Santiago, acompañado de 200 nenos e nenas, e tamén dos seus pais, explicoulles algún truco e algunha receita para tratar de espertar a curiosidade dos máis pequenos por este mundo

O cociñeiro Ferran Adrià presentou esta semana en Santiago o seu último proxecto: facer que a gastronomía se converta nunha actividade familiar. Acompañado de 200 nenos e nenas, e tamén dos seus pais, explicoulles algún truco e algunha receita para tratar de espertar a curiosidade dos máis pequenos por este mundo.

Para Ferran Adrià, a cociña vive nestes momentos unha revolución. Os chefs son personaxes coñecidos, aparecen nos medios de comunicación e o que fan chama a atención dos máis pequenos.

"Hoxe os nenos queren ser cociñeiros", explica Ferran Adrià.

E para empezar non hai que saber de grandes técnicas ou preparacións, nin tampouco ter ingredientes raros. Así llelo explicou Adrià este venres á tarde a todos estes nenos. Algúns deles incluso axudaron a elaborar receitas sinxelas coas que se poden ir dando os primeiros pasos nisto da cociña, coñecendo a comida e os alimentos.

"Dentro de sete anos, os rapaces serán os que lles fagan a cea aos pais cando cheguen do traballo. Pero tamén se pode cociñar con eles na fin de semana e ir a compra, e así tamén falar en familia", asegurou nesta clase maxistral tan especial.

Este novo proxecto de Ferran Adrià é tamén un libro, 'Te cuento en la cocina', en que acompañado dos personaxes de Disney máis coñecidos achega a cociña e as receitas aos nenos e nenas, tratando tamén de fomentar a alimentación saudable.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/02/2017