Ferrá Adriá reivindica o seu papel de cociñeiro na volta a Madrid Fusión
Ferrá Adriá é o protagonista principal na primeira xornada de Madrid Fusión, o congreso gastronómico más importante do mundo, segundo o que fora considerdo o mellor chef. Adriá, que estivo afastado deste e doutros eventos desde que pechou El Bulli, segue revindicando o seu traballo nos fogóns.
"En 2011 estiven por última vez. E ao final é o meu mundo. Nos miles de entrevistas que me fixeron nests oito anos pregúntanme seguido se son cociñeiro, dinme que xa non son cociñeiro, pero claro que son cociñeiro", di Adriá.
Malia todo, seu novo proxecto en Cala Montjoi non é un restaurante. E, segundo di, un centro de investigación empresarial sobre o sector gastronómico.
"Imos estar estudando, investigando, tamén ás veces creando, e todo o que se xere vaise divulgar nunha plataforma que se chama El Bulli de Nea, unha plataforma de contidos", explica.
Madrid Fusión ten programadas ata o mércores conferencias, charlas, talleres e multitude de actos en que van participar máis de cen chefs. Ademais, no centro de congresos madrileño poderán desgustarse algúns dos mellores pratos da cociña de todo o mundo.