CRTVG

Buscar

Fernando Vidal: "Non me considero descendido. Iremos a por todas, houbo unha adulteración da competición"

Publicado o 20/07/2020 23:50

O presidente do Deportivo, Fernando Vidal, afirmou que a suspensión do seu partido co Fuenlabrada polos casos de COVID-19 do conxunto madrileño e que se disputase o resto da última xornada, co descenso do equipo á Segunda B, supón unha "adulteración total da competición".

Vidal afirmou nunha conferencia de prensa á conclusión dos outros partidos que é "un día extremadamente estraño, raro". Sinalou que despois de que lle chegasen informacións sobre varios positivos do Fuenlabrada, "cría que non beneficiaba nin prexudicada" a suspensión tendo en conta que a xornada completa se ía aprazar".

"A sorpresa é que o resto de partidos se disputan e o noso non. É un gravísimo erro por parte da Federación e a Liga", sinalou. O dirixente engadiu que irán ás "máis altas instancias" porque, na súa opinion, o que se produciu é "moi grave" e non se garda o "principio de igualdade" para todos os equipos. O presidente considerou que se produciu unha "adulteración total da competición" e engadiu que nos próximos días avaliarán se se presentan ao partido co Fuenlabrada, que disputa unha praza de promoción de ascenso.

Noticias web

20/07/2020