CRTVG

Buscar

Fernando Vidal: "Non ascender sería un fracaso"

Publicado o 25/11/2020 20:34

Fernando Vidal, presidente do R. C. Deportivo: "Somos 102 equipos, pero só hai un equipo obrigado a ascender e somos nós, non ascender sería un fracaso".

Así de contundente se mostra o presidente do Deportivo. Fernando Vidal confía no equipo e no corpo técnico para lograr o obxectivo.

Fernando Vidal, presidente do R. C. Deportivo: "O equipo ten un potencial que aínda non sacou no campo e que se supón que o vai ter e hai que ter paciencia e confianza no corpo técnico e nos xogadores que a situación se vai reverter e que no final de liga o equipo vai estar ao 100 %".

Ese final de Liga cun playoff de ascenso a partido único non convence o presidente que ten unha reunión pendente con Luis Rubiales.

Fernando Vidal, presidente do R. C. Deportivo: "Está pendente ese tema e creo que el, como home de fútbol que é, vaino entender, que non podes xogar un ascenso a Segunda División a un partido, salvo que as circunstancias sanitarias o aconsellen por problemas de saúde pública. Pero se remite un pouco esta pandemia habería que intentar dalgunha maneira que eses partidos foron a doble partido".

Sobre Javier Tebas, Vidal prefire pechar ese asunto e que fale a xustiza.

Fernando Vidal, presidente do R. C. Deportivo: "Temos que centrarnos no aspecto deportivo, na competición en que estamos metidos. Isto é unha paréntese, pasou hai unhas semanas ou uns meses, todo o que tiñamos que facer xa o fixemos, hai que esperar aos resultados da xustiza ordinaria e non perder un minuto máis do noso tempo en Javier Tebas".

Vivir o presente e pensar no futuro, ese é o pensamento de Fernando Vidal. Un futuro próximo marcado polo vindeiro derbi ante o Rácing de Ferrol.

Noticias web

25/11/2020