CRTVG

Buscar

Fernando Vidal fala de derrota "dolorosa", de "vergoña" e de "bochorno" tras perder o Deportivo co filial do Celta

Publicado o 14/12/2020 14:30

Fernando Vidal está moi afectado pola derrota ante o filial do Celta: "O meu sentimento seguramente non difire do resto dos deportivistas. A derrota foi tremendamente dolorosa. Sentín ata certa vergoña do feito en si. Pero estou afeito a relativizar éxitos e resultados. Nin nos meus peores soños, nin nos de ningún deportivista, podiamos pensar isto. Pero cando un está nesta competición poden pasar estas cousas. Perdemos a imbatibilidade na competición, en casa e desta maneira".

Sobre o futuro de Fernando Vázquez: "Eu non vexo debate pola miña banda persoal, pero pola experiencia que tiven hai que ter tranquilidade, calma. Este ano foi tremendamente duro. A situación en que entramos todo o mundo a coñece".

 

 

 

Noticias web

14/12/2020