CRTVG

Buscar

Fernando Vidal di que o Deportivo non pedirá xogar con público porque "non podemos perder a perspectiva"

Publicado o 04/06/2020 16:49

• No Celta non houbo unha petición expresa de xogar con afeccionados ante o Vilarreal

Fernando Vidal di que o Deportivo non pedirá xogar con público porque "non podemos perder a perspectiva"

O presidente do Deportivo, Fernando Vidal, recoñeceu que o club coruñés é un dos grandes prexudicados por ter que xogar sen público, pero advertiu de que non solicitará permiso para que poida haber afección en Riazor porque, na súa opinión, non se pode "perder a perspectiva" de como foi a COVID-19.