CRTVG

Buscar

Fernando Vázquez, novo adestrador do Deportivo

Publicado o 11/02/2013 10:57

Substitúe a Domingos Paciência e será presentando esta mesma tarde

Fernando Vázquez, novo adestrador do Deportivo

Fernando Vázquez será o novo adestrador do Deportivo. O técnico de Castrofeito substitúe no cargo a Domingos Paciencia e será presentado esta mesma tarde. Domingos Paciencia mantivo unha reunión con Augusto César Lendoiro para pactar a saída do club despois de 6 xornadas dirixindo o equipo. 

Tal e como puido confirmar a TVG en primicia, Fernando Vázquez convértese así no terceiro adestrador do Deportivo no que vai de temporada, despois de Jose Luis Oltra e Domingos Paciência. Deste xeito Vázquez cumpre un dos seus soños, adestrar ao Deportivo da Coruña.
O conxunto coruñés ocupa arestora a derradeira posición na táboa con dazaseis puntos, a seis da salvación. Nunha situación límite, o Deportivo pon o seu futuro máis inmediato en mans dun adestrador galego, con experiencia dabondo en 1ª división.
Vázquez, de 59 anos, adestrou entre outros equipos a Celta, Valladolid, Mallorca, Betis e Raio. Tamén foi o adestrador da selección galega no seu periplo.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/02/2013