CRTVG

Buscar

Fernando Vázquez non volverá sentar no banco ata a vindeira temporada

Publicado o 09/07/2020 21:06

Fernando Vázquez non volverá sentar no banco ata a temporada que vén. Tres partidos de sanción lle caeron ao técnico deportivista despois de que a acta de López Toca reflectira que no túnel de vestiarios Vázquez lle protestou de maneira "irada" e que mesmo o tiveron que suxeitar. Vázquez protestaba pola acción que deu orixe ao gol do Málaga. Así que Vázquez vai ter que seguir na bancada ata o final da temporada.

Noticias web

09/07/2020