CRTVG

Buscar

Fernando Simón dá positivo por coronavirus

Publicado o 30/03/2020 15:27

O director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias, Fernando Simón, deu positivo no test de coronavirus tras presentar o domingo un pico de febre.

A doutora María José Sierra, que o substitúe na rolda de prensa diaria cos datos da evolución da enfermidade, dixo que "está moi ben", illado tras o resultado.

Simón xa fora substituído por Sierra o pasado 21 de marzo na comparecencia ante os medios de comunicación, tras presentar síntomas da enfermidade, pero daquela a proba dera negativo.