CRTVG

Buscar

Fernando Seoane: "Co Estremadura vai ser unha guerra, o que perda sae tocado"

Publicado o 30/01/2020 20:58

Fernando Seoane anda co xesto preocupado sobre todo pola situación do Lugo: "Vai tocar sufrir como o ano pasado. Temos moito déficit de puntos e haberá que sufrir ata o final. A ver se o damos conseguido."
O Estremadura levou un punto do Anxo Carro na primeira volta. Agora os dous están en descenso, o Lugo, con dous puntos máis: "Vai ser unha guerra e o que perda vai saír máis tocado"
A maioría dos rivais directos van tocar fóra pero Seoane cre que a clave está no Anxo Carro: "Fóra sempre é máis complicado. Temos que lograr a permanencia aquí na casa"
Quedan na casa oito partidos, 24 puntos en xogo. O Lugo está con 25 e a permanencia adoita situarse nos 50.
 

Noticias web

30/01/2020