Fernando Ramallo, sociolingüista: "A transmisión do galego pasou de ser interxeracional a ser intraxeracional"
Publicado o 03/02/2020 17:54
Fernando Ramallo, do equipo de normalización lingüística da Universidade de Vigo, editou 'Neofalantes de linguas minorizadas no Estado español', con Estíbaliz Amorrortu e Maite Puigdevall.
O libro aborda as diferentes realidades dos neofalantes de éuscaro, aragonés, catalán e galego. Neste estudo advirten de que cada vez hai menos galegofalantes nas zonas rurais.