CRTVG

Buscar

Fernando Hierro dirixirá a selección española no Mundial

Publicado o 13/06/2018 15:42

Os capitáns da selección querían que Lopetegui continuara no cargo. Luis Rubiales non estimou esa petición.

Rubiales soubo do futuro de Lopetegui cinco minutos antes de que o Real Madrid anunciara de maneira oficial o acordo. Tratou de evitalo. Non o conseguiu e reaccionou. Para preservar a federación de prácticas desleais e para defender os valores do deporte. Son os motivos para a destitución do seleccionador que levou España a este Mundial.

A bomba de reloxería, a tres días de comezar o Mundial para España, acabou estoupando está mañá coa fulminante destitución de Lopetegui ao que terán que pagarlle dous millóns de euros.

 

Rubiales toma a decisión deixando a salvo a profesionalidade de Lopetegui, máis non as fórmas da súa fichaxe polo Madrid.

O Real Madrid queda agora no foco; non hai pecado de Lopetegui sen a tentación branca e maneira de negociala.

Luis Rubiales non se atreveu a confirmar que todos os xogadores da selección están de acordo coa decisión, limitándose a dar por feito o seu compromiso.

E Fernando Hierro será quen dirixa a España neste Mundial coa axuda de Albert Celades.

 

Fernando Hierro exercía de director deportivo da selección. Acepta o ofrecemento e levará as rendas de España no Mundial co apoio de Albert Celades, o seleccionador sub21.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/06/2018