CRTVG

Buscar

Fernando Hierro: "A miña responsabilidade era aceptar este cargo"

Publicado o 14/06/2018 10:00

Julen Lopetegui foi destituído e o elixido para coller as rendas da selección é Fernando Hierro. O malagueño, que leva como axudante o ex-deportivista Carlos Marchena, asume que 24 horas antes de debutar fronte a Portugal, a capacidade de manobra é moi reducida. A clave, dixo, é tocar o menor número de pezas posible para non alterar o labor de Lopetegui. Hierro non quere escusas que lle impidan ao grupo loitar pola Copa do Mundo. Con tan só un ano de experiencia como adestrador, afronta un reto delicado. E faino, asegurou, por responsabilidade.

Lopetegui abandona a concentración da selección

Practicamente ao mesmo tempo que comparecía Hierro, Lopetegui poñía rumbo a Madrid. Este é o mometo en que o ex-seleccionador abandona a concentración da selección. Lopetegui cheguou de madrugada a España. Ás 7 desta tarde, no Santiago Bernabéu, será presentado como novo adestrador do R. Madrid. Tocado polo cesamento, Lopetegui deséxalle sorte a España no Mundial. 

Bernardo Silva, Portugal: "Está situación non afectará a selección española"

En Portugal, rival mañá de España, miran de esguello o acontecido na selección española. A selección lusa non cre que os cambios afecten o xogo dos españois, con capacidade, dixo Bernardo Silva, para lidar con este tipo de sobresaltos. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/06/2018