CRTVG

Buscar

Fernando Carro, prata nos tres mil metros obstáculos

Publicado o 10/08/2018 21:27

E aquí teñen a Fernando Carro coa medalla de prata conseguida nos 3 mil metros obstáculos. 8 minutos 34 segundos e 16 centésimas para o español, que conseguiu en Berlín outra medalla, a segunda polo de agora, para o equipo español, tras o bronce de Julia Takácks en 50 quilómetros marcha. A dúas voltas do final Carro estaba metido de cheo na loita polas medallas e ao toque de campá era xa terceiro. Achegouse a Mekhissi, ouro a tres segundos, pero o último salto deixouno definitivamente en segunda posición. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2018