CRTVG

Buscar

Fernando Alonso: "Debaixo de todo isto subxacen quilos e quilos de droga que acaban nas nosas rúas"

Publicado o 10/08/2018 10:35

Fernando Alonso, xerente da Fundación Galega contra o Narcotráfico, atendeu a chamada do Bos Días para comentar a recente detención de Manuel Charlín e o seu fillo Melchor dentro dunha macrooperación antidroga.

"Non é que non creamos na reinserción, pero os feitos demostran que é imposible para os grandes narcos. Unha e outra vez asistimos ás mesmas operacións protagonizadas polos mesmos personaxes. Isto crea un problema grave de seguridade e de saúde. Debaixo de todo isto subxacen quilos e quilos de droga que acaban nas nosas rúas".

"Inicialmente sorprende a noticia. Porque que necesidade ten este home -Manuel Charlín-, coa súa idade -85 anos- e despois de pasar dúas décadas no cárcere. O que subxace é unha ambición económica desmedida. Non teñen ningún escrúpulo e ningunha gana de reinsertarse".

"Temos que estar contentos cos grandes avances que houbo en Galiciadesde a Operación Nécora".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2018