CRTVG

Buscar

Fernando Alarza, prata no Europeo de tríatlon de Glasgow

Publicado o 10/08/2018 21:25

A alegría da tarde déunola Fernando Alarza, prata no Europeo de Tríatlon de Glasgow. 

O español fixo unha carreira espectacular onde remontou dende a novena ata a segunda posición. 1 hora 47 minutos e 28 segundos para Alarza, que cruzou a liña de meta a 11 segundos do gañador, o francés Le Corre, quen colleu o mando da carreira a falta de cinco quilómetros. Brownlee, cuarto finalmente, non foi quen de manterlle o ritmo, pero si Fernando, que superou o inglés e tamén a Van Riel, bronce.  Ao español faltáronlle metros para facerse co ouro. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2018