CRTVG

Buscar

Fernández Galiño defende a súa candidatura a Valedora do Pobo

Publicado o 29/07/2019 16:12

Esta semana vaise producir o relevo definitivo á fronte da institución do Valedor do Pobo. María Dolores Fernández Galiño defendeu esta mañá a súa candidatura ante os grupos parlamentarios. Asegurou que atenderá especialmente os chamados dereitos de segunda xeración, referidos ao medio ambientre, á igualdade e á revolución dixital.

Fernández Galiño foi proposta polo Grupo Popular e conta tamén co apoio dos socialistas. O mércores será votada no pleno. Precisamente o PSdeG e En Marea pediron tamén que se celebrase un pleno extraordinario para que Núñez Feijóo dese explicacións de por que nomeou a Corina Porro como nova delegada da Xunta en Vigo. O PP non admitiu unha solicitude que lle parece absurda. O BNG tampouco apoiou esa petición.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/07/2019