CRTVG

Buscar

Fernández Díaz comparece ante o xuíz un día despois de o seu número dous afirmar que coñecía a Kitchen

Publicado o 30/10/2020 08:38
Fernández Díaz comparece ante o xuíz un día despois de o seu número dous afirmar que coñecía a Kitchen

O exministro do Interior Jorge Fernández Díaz declara hoxe como imputado no caso Kitchen sobre a suposta espionaxe ao extesoureiro do PP Luis Bárcenas.

Onte xa declarou o seu número dous, que o implicou na operación. Dixo que Fernández Díaz estaba ao tanto da espionaxe, aínda que a enmarcou dentro da legalidade. Francisco Martínez asegurou que o que pretendían era localizar a fortuna oculta de Bárcenas no estranxeiro.

Noticias web

30/10/2020