CRTVG

Buscar

Fernández de Sousa admite erros na xestión de Pescanova: "Eu son o maior prexudicado, perdino todo"

Publicado o 04/12/2019 19:51

• O ex-presidente da empresa emocionouse en varios momentos da súa declaración durante o xuízo na Audiencia Nacional

O ex-presidente de Pescanova asume toda a responsabilidade polas decisións que levaron a compañía á beira da liquidación. No xuízo que se segue contra el e outros directivos por presunta estafa, Manuel Fernández de Sousa admitiu erros, pero descargou a culpa nos órganos supervisores.

Manuel Fernández de Sousa presentouse na Audiencia Nacional como o maior prexudicado pola creba da compañía, pero tamén como o seu máximo responsable: "eu era ata o último día o responsable de todo o que se fixera mal ou ben en Pescanova"

De Sousa está acusado de maquillar as contas da empresa para ocultar unha débeda de 3 a 4 veces maior da real. No seu relato, admitiu prácticas como a de non detallar as contas das filiais: "nunca xamais en dez anos a min se me dixo teñen que corrixir isto que está mal"

Pero culpa os auditores e a Comisión Nacional do Mercado de Valores de non advertilo de posibles irregularidades: "e non o faciamos porque non podiamos desvelarlle á nosa competencia onde gañabamos diñeiro na pesca porque podían ir pescar alí"

O fiscal pide para el 28 anos de cadea e 22 millóns de multa.

 

Noticias web

04/12/2019