CRTVG

Buscar

Feridos os tres ocupantes dun vehículo que se saíu da vía nunha estrada en Vedra

Publicado o 12/01/2018 14:26

En Vedra quedaron feridos os tres ocupantes que viaxaban neste turismo que se saíu da vía na estrada entre Pontevea e A Ponte Ulla. Foi contra as dez e media desta mañá. Os accidentados lograron saír do turismo, así que non fixo falta que os liberaran os equipos desprazados desde Ordes e Santiago. Tampouco fixo falta empregar o helicóptero das urxencias sanitarias porque os trasladaron en ambulancia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/01/2018