CRTVG

Buscar

Unha familia de Ares, a piques de morrer electrocutada no seu catamarán

Publicado o 30/08/2019 14:41

O accidente aconteceu contra as nove da noite, cando unha familia empurraba o seu catamarán despois de navegar nesta praia de Seselle, no concello coruñés de Ares.

"Queríano gardar na súa leira privada e unha vez que accederon co catamarán á leira, o mastro que é moi alto tocou o cable de media tensión. Quedaron enganchados 3 nenos pola corrente", explica Jaime Domínguez, da Policía Local de Ares.

Daquela mesmo chamaron o 112 e mentres non chegaban os servizos de urxencias tres das persoas que estaban na praia atenderon os mozos, de 12, 16 e 18 anos.

Os tres nenos seguen ingresados na Unidade de Coidados Intensivos do Complexo Hospitalario de Ferrol.

Para evitar outros accidentes, a subministración eléctrica tivo que ser cortada, pero contra as once e media da noite xa foi restablecida.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/08/2019