Ferido un veciño de Tomiño ao caerlle enriba do coche unha árbore en Gondomar
Publicado o 20/02/2021 12:56
Ferido esta noite un veciño de Tomiño despois de que lle caera unha árbore sobre o seu coche en Gondomar. . Os feitos aconteceron contra as once menos cuarto da noite na estrada PO-340.
Os fortes refachos de vento, que chegaron a superar os 103 km/h en Oia, derrubaron un eucalipto de grandes dimensións. A árbore caeu enriba do motor do vehículo e deixouno totalmente inservible.
O ferido, un home de 33 anos veciño de Tomiño, foi evacuado en ambulancia ao hospital Álvaro Cunqueiro con feridas de diversa consideración. A estrada estivo cortada durante máis dunha hora.