CRTVG

Buscar

Un home queda ferido en Lugo ao saír da vía o vehículo que conducía

Publicado o 07/05/2021 11:43
Un home queda ferido en Lugo ao saír da vía o vehículo que conducía

Un home de 68 anos quedou ferido nunha saída de vía en Lugo. Por causas que se descoñecen, o coche que conducía saíu da vía e impactou contra un noiro de pedra.

O accidente rexistrouse, a primeira hora da mañá, na rotonda do acceso principal ao hospital Lucus Augusti. Ata o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico e mais os bombeiros de Lugo, aínda que finalmente non foi preciso liberar a vítima do sinistro, que foi trasladada ao HULA nunha ambulancia.