CRTVG

Buscar

Ferido un condutor en Cuntis ao bater o coche contra un farol

Publicado o 20/01/2021 14:19

O accidente de Cuntis tivo lugar no tramo recto da estrada nacional ao paso pola Anllada. Un coche no que ía só o condutor bateu contra un farol e derrubouno.

Foi pouco antes das sete da mañá e ao lugar desprazáronse efectivos de urxencias, bombeiros incluídos para liberar o condutor, que quedou ferido.

Cristina Alonso Fernández, voluntaria de Protección Civil de Cuntis: "Tiña un corte nunha man e queixábase dun xeonllo. Dicía que non sabía ben o que lle pasou, dixo que lle dera o sono".

Saíu da estrada pola outra man, bateu contra un farol, levouno polo menos uns cinco metros ata a outro farol e parou contra o muro dunha casa. O ferido é un veciño de Carnota.

Na mesma ruta por estrada, pero xa preto de Santiago e de día, na glorieta sobre a AP-53 colidiron dous coches e un deles quedou danado en todo o lateral dereito. Este accidente produciuse nunha mañá de trebóns de chuvia intensa e refachos fortes que complicaron o tráfico en distintas zonas de Galicia.

Noticias web

20/01/2021