CRTVG

Buscar

Ferido un condutor ao chocar contra o muro do colexio Salesianos, en Ourense

Publicado o 09/09/2021 20:58


No centro da cidade de Ourense un home resultou ferido ao colidir o seu coche contra un muro.Foi preto das sete da tarde. O condutor perdeu o control do turismo e bateu violentamente contra as pedras do peche do colexio Salesianos, botando abaixo, no patio, parte do muro. Testemuñas do accidente chamaron ao 112 e axiña chegou o persoal sanitario de urxencias, a vítima foi atendida no lugar antes de ser trasladado ao hospital. Tamén interviron os Bombeiros de Ourense e a Policia Local para axudar nos labores de rescate. Investigan as circunstancias do sinistro que obrigou a cortar a rúa Saénz Díez e xerou moita expectación.

Noticias web

09/09/2021