CRTVG

Buscar

Ferido un bombeiro na extinción dun incendio nun edificio okupado en Lugo

Publicado o 09/04/2019 19:37

Un bombeiro quedou ferido durante a extinción dun incendio en Lugo. O lume declarouse a primeira hora da tarde nun edificio abandonado onde adoitan pasar a noite indixentes e 'okupas'. Ao ceder o piso da primeira planta, un dos bombeiros que sufocaban as lapas tivo que recibir asistencia médica.  Finalmente, foi evacuado ao hospital Lucus Augusti, onde permaneceu en observación para descartar calquera tipo de lesión. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/04/2019