Ferido un bombeiro en Vigo esta madrugada cando podaba unha árbore en mal estado
Publicado o 16/01/2020 10:03
O suceso ocorreu pasadas ás 6 da madrugada no lugar de Fragoselo, en Vigo, cando un bombeiro estaba podando unha árbore, en aparente mal estado, para previr accidentes. Mentres traballaba unha póla caeulle enriba, segundo informa o 112 e lle produciu feridas de diferente consideración. Foi preciso que se trasladase ao lugar unha ambulancia medicalizada do 061 que axiña o traladou ao hospital. O ferido é un home de 58 anos.