CRTVG

Buscar

Ferido tras envorcar un camión cargado de pezas de formigón en Taboada

Publicado o 26/03/2019 19:44

Un camión de transporte especial envorcou na estrada Lugo-Ourense á altura do concello de Taboada. O vehículo levaba unha carga de vigas de formigón, parte das cales acabaron sobre o firme da vía. O sinistro produciuse nunha curva cando o camión ía dirección Lugo. O condutor foi trasladado en ambulancia ao hospital Lucus Augusti se ben as súas feridas non semellaban graves. O accidente obrigou a cortar o tráfico nun dos carrís.

Ao cabo de poucos minutos e apenas a catro quilómetros do lugar e na mesma estrada N-540 envorcou outro vehículo de transporte de mercadorías. Tampouco houbo feridos graves nestoutro accidente que se produciu nunha recta de ampla visibilidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/03/2019