Ferido tras esnafrarse contra un piar dunha das pontes da A-6 en Montesalgueiro
Publicado o 10/01/2019 19:24
Unha furgoneta pick up esnafrouse á primeira hora desta tarde contra un piar dunha das pontes da autovía A-6 á altura de Vilarraso, no quilómetro 546 en dirección a Madrid.
O condutor, que quedou ferido, foi trasladado en helicóptero a un centro hospitalario tras ser liberado polos Bombeiros de Betanzos e de Curtis.
A Garda Civil controlou o tráfico na zona durante unha hora, que foi o tempo aproximado que se tardou en retirar o vehículo accidentado.