CRTVG

Buscar

Ferido tras bater o seu coche contra un bloque de formigón en Santiago

Publicado o 18/05/2020 21:46

Esta tarde houbo en Santiago un accidente moi aparatoso que, finalmente, só deixa un ferido leve. Un condutor saíu da vía cando se incorporaba á autovía, á altura de San Lázaro. Bateu co bloque de formigón, o que fixo envorcar o vehículo, pero o condutor puido saír polo seu propio pé do coche e foi trasladado ata un centro hospitalario con feridas leves.

O sinistro afectou outros dous vehículos por mor dunha roda que se desprendeu do coche accidentado e que foi rodando pola estrada.

Noticias web

18/05/2020